Protección de datos persoais
Información básica sobre o tratamento dos datos persoais na bolsa de traballo do IES Lois Peña Novo.
| Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional – Secretaría Xeral Técnica. Centro que xestiona a bolsa: IES Lois Peña Novo, Rúa Cuart de Poblet s/n, 27800 Vilalba (ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal). |
|---|---|
| Finalidade | Xestionar a bolsa de traballo do centro: rexistro e validación de empresas e de alumnado e persoas tituladas, publicación de ofertas de emprego, aviso por correo das ofertas axeitadas a cada perfil e xestión das candidaturas. |
| Base legal | Consentimento da persoa interesada (artigo 6.1.a do Regulamento xeral de protección de datos), que se dá ao rexistrarse e de novo en cada inscrición nunha oferta. |
| Datos tratados | Alumnado e persoas tituladas: nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, concello de residencia, ciclo,
situación académica e porcentaxe de horas superadas, preferencias de emprego, currículo e, se se achegan, carta de presentación
e ligazóns profesionais. Empresas: datos identificativos da empresa e da persoa de contacto. Non se piden fotografía nin data de nacemento. |
| Destinatarios | Persoal do centro que xestiona a bolsa. Cando unha persoa se inscribe nunha oferta, a empresa que a publicou pode ver o seu perfil, o currículo e os datos de contacto, só para ese proceso de selección. Non se prevén outras cesións nin transferencias internacionais. |
| Conservación | Mentres a conta estea activa. As contas sen actividade durante 24 meses bórranse automaticamente, cun aviso 30 días antes. O alumnado pode borrar a súa conta en calquera momento desde o seu perfil. |
| Dereitos | Acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición, e retirada do consentimento en calquera momento, segundo se recolle en xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Tamén se pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es). |
| Delegado/a de protección de datos e información adicional | xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos |